Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de xuño de 2012 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa do expediente número ES/13-90/BA, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 30 de maio de 2012, ditou, por substitución da directora da axencia, resolución mediante a cal se apercibe a José Manuel Durán Paradela da execución forzosa da resolución, ditada no expediente número ES/13-90/BA, pola cal se lle ordenou devolver os terreos ao estado anterior á execución das obras de instalación dun chalé prefabricado dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Benquerencia, termo municipal de Barreiros (Lugo).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpor ningún recurso.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística