Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (27/2010).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Lucía Armada Tojeiro contra Marco Redondo, S.L., o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 27/2010, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Asunto 27/2010.

Na cidade da Coruña, 20 de xuño de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Lucía Armada Tojeiro, que comparece representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Marco Redondo, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou o seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Lucía Armada Tojeiro contra a empresa Marco Redondo, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de sete mil seiscentos setenta e seis euros e corenta e catro céntimos (7.676,44 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Se for recorrente a empresa demandada, deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto; pode substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e débese acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer; sen cumprir este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mándoo e asínoo por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación a Marco Redondo, S.L. expido este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 26 de xuño de 2012

A secretaria xudicial