María Blanco Aquino, secretaria do Social número 2 da Coruña.
Fago saber que no proceso seguido por instancia de Benigno Navaza Rumbo contra Proyecciones Betanzos, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1038/2009, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:
«Asunto: 1038/2009.
Na cidade da Coruña, 21 de xuño de 2012.
Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Benigno Navaza Rumbo, que comparece por si, contra a empresa Proyecciones Betanzos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte
Decisión:
Que considerando a demanda interposta por Benigno Navaza Rumbo contra a empresa Proyecciones Betanzos, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil oitocentos setenta e sete euros e trinta e cinco céntimos (3.877,35 €), incrementada co xuro por mora do 10%.
Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.
Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».
E para que sirva de notificación a Proyecciones Betanzos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 26 de xuño de 2012
A secretaria xudicial