Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28341

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (1093/2008).

En Vigo o sete de abril de dous mil once.

Ángel Gómez Santos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fai saber que no presente procedemento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

Sentenza: 82/2011.

Sentenza.

Vigo, 6 de abril de 2011

Vistos por min, Margarita Sierra Serrano, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 1093/2008, sobre nulidade contractual, promovidos por María Raquel Gómez Carballa, representada polo procurador Juan Carlos Álvarez Vázquez e asistida pola letrada Patricia Vilán Lorenzo, contra Great Time, S.L., representada pola procuradora Ana Pazo Irazu e defendida polo letrado Pedro Laguna Nieto, Perblau 2000, S.L., representada pola procuradora Marina Lagarón Gómez e defendida polo letrado José María Rocabert Marcet, Jardines Paraisol Servicios, S.L. e Gruphotel, S.L., ambas en situación de rebeldía, e atendendo aos seguintes,

Decido.

Con desestimación da demanda interposta polo procurador Juan Carlos Álvarez Vázquez, en nome e representación de María Raquel Gómez Carballa, debo absolver e absolvo a Great Time, S.L., representada pola procuradora Ana Pazo Irazu, Perblau 2000, S.L., representada pola procuradora Marina Lagarón Gómez, Jardines Paraisol Servicios, S.L. e Gruphotel, S.L., ambas en situación de rebeldía, dos pedimentos formulados na súa contra, e condeno a parte demandante ao pagamento das custas causadas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá prepararse ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, sendo necesario para a súa admisión constituír o depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX e correspondendo a competencia para resolvelo á Audiencia Provincial de Pontevedra.

Expídese este edicto co fin de que sirva de notificación á entidade Gruphotel, S.L., declarado en situación de rebeldía e, actualmente en paradoiro descoñecido.

O secretario xudicial