Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28332

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3516/2009).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3516/2009 PM.

Materia: viuvez.

Recorrente: Ana Margarita Eiroa Pita.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Inversiones Inmobiliarias del Noroeste, S.C. (Inmonor).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 da Coruña. Demanda: 331/2007.

Nas actuacións de recurso de suplicación co número arriba indicado a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 331/2007 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, promovidos por Ana Margarita Eiroa Pita contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Inversiones Inmobiliarias del Noroeste, S.C. (Inmonor), sobre viuvez, con data quince de xuño de dous mil doce ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Ana Margarita Eiroa Pita contra a sentenza de data 27 de abril do ano dous mil nove, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en proceso sobre pensión de viuvez, promovido pola demandante fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, debemos revogar e revogamos a referida sentenza recoñecendo o dereito da demandante a percibir a prestación de viuvez solicitada, de cuxo pagamento responderá de forma exclusiva a empresa codemandada Inversiones Inmobiliarias Noroeste, S.C. (Inmonor) sen obriga de anticipo por parte do INSS e a TXSS, e condeno os demandados a estar e a pasar pola dita declaración e condeno a empresa Inmonor a aboarlle á demandante a citada prestación na contía e efectos que procedan regulamentariamente, con absolución do INSS e a TXSS no aboamento desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Investimentos Inmobiliarios do Noroeste, S.C. (Inmonor), con último domicilio coñecido na Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

A secretaria xudicial