Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28334

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 811/2009 JS).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 811/2009 JS.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 811/2009 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 120/2007 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos por José Antonio González Vázquez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Francisco Candocia Villadoniga (Autos Paco), Construcciones Roca Amenedo Hermanos, S.L., Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fremap, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Reparaciones y Montajes Sardiña, S.L. (Remonsa), Moisés Rebollo Lozano, Hidrocivil, S.A., ACD Empresarios Agrupados de Construcción, María Paniagua Villarroel, Construcciones Rivera, J. Toca Cañedo, S.L., Aplicosa, S.A., Montajes Ameco, S.A., sobre accidente, con data 15 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos. Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante José Antonio González Vázquez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, de data 27 de outubro de 2008, ditada en proceso de determinación de continxencia e incapacidade, promovido polo referido recorrente, fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa, Mutua Fremap, Mutua Ciclops, Autos Paco, Remonsa, Hidrocivil, S.A., ACD Empresarios Agrupados de Construcción, Moisés Rebollo Lozano, María Paniagua Villarroel, Construcciones Rivera, Montajes Ameco, S.A., J. Touca Canaval, S.L., Construciones Roca Amenedo Hermanos, S.L. e Aplicosa, S.A., debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Hidrocivil, S.A., ACD Empresarios Agrupados de Construcción, María Paniagua Villarroel, Construcciones Rivera, J. Toca Cañedo, S.L., Aplicosa, S.A., Montajes Ameco, S.A., cuxos domicilios na actualidade se ignoran, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

A secretaria xudicial