Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28336

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4876/2008).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4876/2008 CM/MAIO.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo. Demanda: 408/2008.

Materia: accidente.

Recorrente: -INSS.

Recorridos: -TXSS.

Constrular Noroeste, S.L.

Juan Antonio Paradelo Laso.

Letrado: Daniel Borras Díaz de Rabago.

Mutua La Fraternidad-Muprespa.

Letrado: Juan Carlos Vázquez García.

Procurador: Concepción Pérez García.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4876/2008 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 408/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Constrular Noroeste, S.L., Juan Antonio Paradelo Laso, Mutua La Fraternidad-Muprespa, sobre accidente, con data 22 de maio de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que con estimación do recurso que foi interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, revogamos a sentenza que con data 14.7.2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, e desestimamos a demanda presentada pola Mutua La Fraternidad-Muprespa, absolvendo a parte demandada de todos os pedimentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG fin de que sirva de notificación en forma a Constrular Noroeste, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Anduriña, 25, baixo, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2012

A secretaria xudicial