Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28330

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (444/2009).

Sala do Social - Secretaría: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 444/2009 MCR.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrentes: Javier Arrivi Loureiro, Daniel De Brito Azevedo, Marcelo Giménez Fabián, Rogelio Hugo Rodríguez Dos Santos.

Recorridos: Fogasa, Club Deportivo Vigo Fútbol Sala, Club Deportivo La Escuela Caja Segovia Fútbol Sala.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social nº 4 de Vigo, demanda 358/2008.

Nas actuacións número 444/09 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 358/2008 do Xulgado do Social nº 4 de Vigo promovidos por Rogelio Hugo Rodríguez Dos Santos e outros contra Club Deportivo Vigo Fútbol Sala e outros, sobre reclamación de cantidade, o 18.6.2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Rogelio Hugo Rodríguez Dos Santos, Marcelo Giménez Fabián, Javier Arrivi Loureiro e Daniel De Brito Azevedo contra a sentenza do 31.10.2008 ditada polo Xulgado do Social nº 4 de Vigo no procedemento nº 358-2008 sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, con devolución previa dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Club Deportivo Vigo Fútbol Sala, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2012