Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28050

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (35/2012).

Patricia Cacheda Varela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, mediante este anuncio no presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Julio Rey Varela fronte a Juan José del Río Figueira ditouse sentenza, cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Núñez Piñeiro, en nome e representación de Julio Rey Varela, contra Juan José del Río Figueira, debo condenar e condeno este a que lle pague a aquel a cantidade de dous mil tres euros con oitenta e sete céntimos de euro (2.003,87 €), máis os xuros legais da devandita cantidade que se computarán desde a data de interposición da demanda.

Impóñense as custas procesuais á parte demandada.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Juan José del Río Figueira, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ordes, 8 de xuño de 2012

A secretaria xudicial