Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28051

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (397/2010).

Elena Muruais Bao, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que neste xulgado se segue procedemento ordinario co número 397/10 por instancia de José de Santiago González, representado polo procurador Sr. Abalo Villaverde, fronte a Ramona Cuevas Acuña, en cuxas actuacións se ditou sentenza o 9.2.2012, cuxo teor literal é o seguinte:

«Antecedentes de feito, fundamentos de dereito e

Decido que, estimando a demanda presentada por instancia de José de Santiago González, representado polo procurador Sr. Abalo Villaverde, contra Ramona Cuevas Acuña, declarada en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo a autorización para acceder ao local sito na avenida da Mariña, 52, rúa Méndez Núñez, 15, desta cidade, co fin de comprobar o estado daquel e que a parte demandante poida realizar os informes técnicos periciais necesarios para levar a cabo as obras solicitadas polo Concello de Vilagarcía, e debo condenar e condeno a demandada a avirse á anterior declaración e tolerar e soportar as obras ordenadas polo concello en resolución de data de saída do 27 de maio de 2009, todo iso con imposición das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño, para incorporalo ás actuacións, así o pronuncio, mando e asino, Carolina Nores Díaz, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa».

E para que sirva de notificación en forma de Ramona Cuevas Acuña, en ignorado paradoiro, expídese a presente.

Vilagarcía de Arousa, 24 de abril de 2012

A secretaria xudicial