Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28048

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (494/2011).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela anuncio que no presente procedemento DCT 494/2011 seguido por instancia de Johana Cristina Jiménez Medina fronte a Marlon Robinson Núñez Vargas ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo de divorcio contencioso número 494/2011.

Xulgado de Primera Instancia número 6.

Santiago de Compostela.

Sentenza número 224/2012.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 494/2011 promovido pola procuradora Sra. Sánchez Barreiro, en nome e representación de Johana Cristina Jiménez Medina, asistida da letrada Sra. García Arias, fronte a Marlon Robinson Núñez Vargas, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención de Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decido que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Sánchez Barreiro, en nome e representación de Johana Cristina Jiménez Medina, asistida da letrada Sra. García Arias, fronte a Marlon Robinson Núñez Vargas, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 25.2.2005 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 97, páxina 122 do Rexistro Civil desa cidade por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses do matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito de 50 euros previsto na disposición adicional 15ª da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E encontrándose o dito demandado, Marlon Robinson Núñez Vargas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012

O secretario xudicial