Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 27 de xuño de 2012, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ao interesado o acordo de incoación de expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación 5/12.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ao interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente de desafiuzamento administrativo conforme o establecido no artigo 67 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, en relación co artigo 138 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta cédula para a contestación ao acordo ante esta Xefatura Provincial do IGVS, alegando por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crea oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite e seguirá o seu curso o expediente.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado con enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 27 de xuño de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 5/12.

Expedientado: Manuel Vicente Blanco Iglesias e outros.

Último domicilio coñecido: r/ Carlos Maside, 22, bloque 11, 1º esquerda (Santiago de Compostela).

(Expediente C-3-IV/75, conta 82).