Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de revisión e auditorías de arquitectura técnica nos desenvolvementos de aplicacións do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico (AB-SER1-12-023).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 13.8.2012.

d) Número de expediente: AB-SER1-12-023.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de revisión e auditorías de arquitectura técnica nos desenvolvementos de aplicacións do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72610000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de traballo

0-25

Metodoloxía de traballo

0-15

Melloras

0-10

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Calidade do servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 616.800 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 257.000 euros. Importe total: 303.260 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse cláusulas 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 13.8.2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo de San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 25.6.2012.

12. Outras informacións: o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico, nun 70%. Eixe 1, tema prioritario 2.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos