Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de acondicionamento de local para a apertura dun supermercado.

Agroarbo, S.L, solicitou a licenza para levar a cabo o desenvolvemento do proxecto de acondicionamento de local para apertura dun supermercado, na r/ Luis Cubelas, 13, Arbo. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou no BOP, para que poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Arbo, 22 de xuño de 2012

Xavier Simón Fernández
Alcalde