Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun establecemento de café bar restaurante.

Biruxes, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para café bar e restaurante dun garfo, que se situará na avda. do Val 10-baixo, parroquia de Lourenzá; e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lourenzá, 21 de xuño de 2012

Vidal Martínez-Sierra López
Alcalde