Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte de vacún, fosa de zurro, silos forraxeiros e almacén agrícola na Torre (San Martiño de Condes).

Jesús Amil García solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de corte de vacún, fosa de zurro, silos forraxeiros e almacén agrícola, que se situará na Torre, San Martiño de Condes. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Friol, 20 de xuño de 2012

(Decreto alcaldía 5.7.2011)
José Ángel Santos Sánchez
Alcalde