Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso de terreos reservados para equipamentos públicos por outro uso dotacional público distinto.

O Pleno na sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2012 adoptou, entre outros, co quórum da maioría absoluta legal, o seguinte acordo:

«2. Aprobación, se procede, sobre cambio de uso de terreos reservados para equipamentos públicos por outro uso dotacional público distinto. (...).

Primeiro. Acordar, ao abeiro do previsto no artigo 47 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o cambio de uso de asistencial polo sanitario do predio que se pretender ceder ao Servizo Galego de Saúde gratuitamente para a construción dun centro de saúde e cuxa descrición é a seguinte: «predio inscrito en primeira inscrición co número 21.403, que se forma por división material do predio 4155, no tomo 780, libro 145, folla 143, do Rexistro da Propiedade de Arzúa, e cuxa descrición é a seguinte situada na parroquia municipio de Melide: «a) Parcela: tres. Urbana, de forma rectangular e con acceso a través da rúa Ourense. Ten unha superficie aproximada de tres mil seiscentos sesenta e sete metros cadrados (3.667 m2). (…) Destinada a residencia extensiva vivenda unifamiliar de solo urbano. (…). Posúe a referencia catastral 0410504NH8501S0001FM.

Segundo. Con este novo uso deberá garantirse, igualmente, o aparcamento dentro da parcela (…).

O que se somete a información pública no Diario Oficial de Galicia e no BOP, facendo constar que o expediente foi remitido no día de hoxe á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Melide, 20 de xuño de 2012

María Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa