Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 15 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0012/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o inicio do procedemento sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 15 de xuño de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesada

Encarnación Valdizán Martínez

Expediente

ES-P-0012/12

Último domicilio coñecido

Avenida da Florida, número 66, 9º H, Vigo, Pontevedra

Indicación do contido

Acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador contra Encarnación Valdizán Martínez, como suposta responsable dunha infracción leve consistente no incumprimento das formalidades establecidas na lei para o depósito da fianza do arrendamento de vivenda (artigo 110.4.d da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia)

Alegacións

De acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE número 189, do 9 de agosto) concédeselle á interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para achegar as alegacións, documentos ou informacións que xulgue adecuadas e, de ser o caso, propoñer probas, concretando os medios de que pretenda valerse. De non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de inicio poderase considerar proposta de resolución