Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo a acumulación dos expedientes sancionadores ES-P-0009/11 e ES-P-0009/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido, notifícaselle á persoa interesada a acumulación dos expedientes sancionadores que se indican no anexo.

Pontevedra, 21 de xuño de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado

Espiga Salceda, S.L.

Expedientes

ES-P-0009/11 e ES-P-0009/12

Último domicilio coñecido

Barrio As Cachadas, s/n; estrada de Mondariz km 0,5, Ponteareas, Pontevedra

Indicación do contido

Resolución de acumulación do procedemento sancionador ES-P-0009/11 que se segue contra Espiga Salceda, S.L., ao procedemento ES-P-0009/12 que se segue contra o seu administrador, Emilio Nava Peláez, e continuación da tramitación dos procedementos como un único baixo a referencia ES-P-0009/12

Alegacións

Concédese un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para que a persoa interesada poida formular alegacións contra a devandita resolución de acumulación, que non é susceptible de recurso