Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se declara deserta a contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no complexo do Centro de Tecnificación de Piragüismo de Verducido (Pontevedra).

O 15 de maio de 2012 a Secretaría Xeral para o Deporte aprobou a iniciación do expediente que tiña por obxecto a contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no Centro de Tecnificación de Piragüismo de Verducido (Pontevedra), por procedemento aberto non harmonizado e contrato administrativo especial.

Tras realizar os trámites procedimentais que sinala o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e o regulamento xeral de contratación, así como o prego de cláusulas administrativas particulares e, unha vez rematadas as fases previas, procedeuse a publicar no Diario Oficial de Galicia, o 6 de xuño de 2012, o anuncio da licitación do referido contrato.

Unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, o Servizo de Contratación e Xestión Económica constata que non se presentou proposta de participación ningunha.

Visto o anterior e en uso das competencias desconcentradas nos secretarios xerais dependentes da Presidencia en virtude da disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserta a contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no Centro de Tecnificación de Piragüismo de Verducido (Pontevedra), por non existir oferta presentada ningunha.

Segundo. Proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á notificación da resolución de conformidade co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte