Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 28 de xuño de 2012, do Servizo Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de cancelacións da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para facer as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles no Servizo de Turismo da Coruña.

A Coruña, 28 de xuño de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda vacacional Fogar de Breogán.

Titular: Breogán Management, S.L.

Enderezo: Ventosa, Covas.

Concello: Ames.

Establecemento: vivenda vacacional Piso Eurohouse.

Titular: Rutas Turísticas Fisterra, S.C.

Enderezo: Estorde, s/n.

Concello: Cee.

Establecemento: vivenda vacacional piso Estorde.

Titular: Clotilde Graíño Pérez.

Enderezo: Estorde, s/n.

Concello: Cee.

Establecemento: vivenda vacacional Playa de Quenxe II.

Titular: Protur Galicia, S.L.

Enderezo: Quenxe, s/n.

Concello: Corcubión.

Establecemento: vivenda vacacional Apartamentoson.

Titular: Manuel Muíño Varela.

Enderezo: Camiño Novo, 31.

Concello: Porto do Son.

Establecemento: vivenda vacacional.

Titular: José Manuel Romay Brión.

Enderezo: rúa Buenos Aires, 97.

Concello: Ribeira.

Establecemento: vivenda vacacional Casa Compostela.

Titular: Jesús Manuel García Nieves.

Enderezo: rúa Castrón Douro, 14-3º.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: vivenda vacacional Paxareco Compostela.

Titular: Nora Concepción Candanedo Otero.

Enderezo: Patio de Madres, 9, baixo.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: vivenda vacacional Yeswecan.

Titular: Construcciones Aldemunde, S.L.

Enderezo: rúa da Trisca, 20-2º B.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: vivenda vacacional Sarela.

Titular: José Manuel García Nieves.

Enderezo: rúa Sarela, 77, 1º 15.

Concello: Santiago de Compostela.