Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á renovación dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada concedida á instalación industrial que se relaciona a seguir e que se pode consultar no seguinte enderezo:

http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Resolución do 7 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para o Centro de Vigo (Pontevedra) (nº rexistro AAI 2005/0233_NAA/IPPC_14; clave expediente renovación 2011-IPPC-M-43).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental