Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de licitación para contratar a concesión da xestión do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela.

Aprobado polo Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 28 de xuño de 2012 o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e prescricións técnicas (PPT) que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar a concesión da xestión do Centro de Deportes Acuáticos en Chapela, faise público para efectos de presentación de proposicións e ofertas polos licitadores interesados o seguinte anuncio:

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a xestión do CDA de Chapela propiciando, coas dotacións de equipamentos, maquinaria e mobiliario que sexan necesarias, a prestación dos servizos asociados á citada instalación no eido dos deportes acuáticos, ximnasio e outras actividades complementarias, se for o caso.

Lugar de execución: Chapela, Redondela (Pontevedra).

Duración da concesión: 15 anos a partir do día seguinte á formalización do contrato, que poderá prorrogarse ata o prazo máximo legal, 25 anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Garantía provisoria: 15.000,00 euros.

5. Garantía definitiva: 300.000 euros.

6. Obtención da documentación e información: Oficina de Contratación do Concello de Redondela (planta baixa da Casa do Concello, Alfonso XII, 2, Redondela, teléfono (986) 40 03 00, fax (986) 40 38 94, correo electrónico contratacion@redondela.es).

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditación de solvencia do xeito requerido na cláusula 13.2 do PCAP.

8. Presentación de ofertas: 26 días naturais a partir da publicación do último dos correspondentes anuncios no DOG, BOP ou perfil do contratante (www.redondela.es). Documentación: a exixida na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada ao enderezo rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 13.30 horas do último día de prazo. Se o último día for sábado ou domingo, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 40 38 94) ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

Data e hora: 14.00 horas do quinto día hábil (non sábado) seguinte ao do remate de dito prazo (agás que falte algunha proposición por recibir, caso en que se fixará un novo prazo logo de aviso no perfil do contratante).

10. Criterios de valoración das ofertas:

1. Criterios obxectivos de aplicación automática.

a) Oferta para a execución, a cargo do concesionario e no prazo máximo de dous anos desde a formalización do contrato, de melloras ou obras complementarias nas instalacións obxecto de concesión: ata 50 puntos. As ditas melloras ou obras referiranse a:

1. Piscina de nenos ou spa: 25 puntos.

2. Urbanización do contorno: 15 puntos.

3. Pista de pádel: 10 puntos.

As súas características técnicas mínimas defínense no anexo V do PCAP.

b) Canon anual ofertado por riba do mínimo previsto no PCAP: ata 10 puntos.

2. Criterios dependentes dun xuízo de valor.

a) Plan de xestión: avaliarase ata 30 puntos, en función dos seguintes criterios:

• 15 puntos: calidade da oferta para a xestión e mantemento do CDA, oferta de servizos, equipamentos, modalidades de acceso e previsión de usuarios, impartición de cursos aos posibles usuarios, plan de calidade, racionalidade do plan de xestión.

• 15 puntos: estrutura de tarifas.

b) Fiabilidade do plan económico-financeiro, ata 10 puntos.

11. Gastos de anuncios: pola conta do adxudicatario ata un máximo de 2.500,00 €.

12. Modificación da concesión: o órgano de contratación poderá acordar, cando o interese público o exixa, a modificación da concesión, se concorren as circunstancias do artigo 219 do TRLCSP, así como a súa ampliación ou a realización de obras complementarias directamente relacionadas co obxecto da concesión durante a vixencia desta, procedéndose, se for o caso, á revisión do plan económico-financeiro co obxecto de acomodalo ás novas circunstancias.

13. Páxina web para obtención de información: www.redondela.es

Redondela, 28 de xuño de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde