Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública para a contratación da subministración de gasóleo de calefacción.

O Concello das Pontes de García Rodríguez vai contratar por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación a subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, ás instalacións do Concello.

Prezo do contrato: o prezo aproximado do contrato é de 60.332,65 € anuais, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato terá un prazo de execución de dous anos a partir da formalización do contrato, prorrogable por outro ano máis.

Presentación de ofertas: o prazo será de 15 días naturais seguintes contados desde o día da publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Documentación: os pregos están dispoñibles no perfil do contratante do Concello no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 25 de xuño de 2012

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado