Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27851

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO de licitación de procedemento aberto para o alugamento de oito vivendas unifamiliares rehabilitadas (con cargo ao Proxecto Estacións, financiado con fondos Feder da Unión Europea) no contorno da estación de ferrocarril de Vilavella, no termo municipal da Mezquita.

No perfil do contratante (http:www.depourense.es) publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, para o alugamento de oito vivendas unifamiliares rehabilitadas (con cargo ao Proxecto estacións, financiado con fondos Feder da UE) no entorno da estación de ferrocarril de Vilavella, termo municipal da Mezquita. As proposicións presentaranse no Rexistro do Inorde, ata as 14.00 horas do vixésimo (20º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro do Inorde, rúa Progreso 28, Ourense; por teléfono: 988 39 11 61 e fax: 988 39 19 62 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 2 de xullo de 2012

José Manuel Freire Couto
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)