Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27614

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (1425/2009).

No xuízo referenciado ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe, 24 de febreiro de 2012, os presentes autos de xuízo ordinario número 1425/2009 seguidos neste xulgado por instancia da entidade Mobilephone Galicia, S.L., representada pola procuradora María Luisa González Mascareñas e asistida polo letrado Adolfo González Taboada, contra Lombo, S.L., representada pola procuradora Mª José Conde González e asistida pola letrada Josefa González Álvarez; e contra PK0S5 Urbanismo y Construcción, S.C., en situación de rebeldía procesual.

Estimando a demanda interposta pola procuradora María Luisa González Mascareñas en nome e representación de Mobilephone Galicia, S.L., contra PK0S5 Urbanismo y Construcción, S.C., declaro a validez entre as partes contratantes da cesión de dereitos subscrita o 26 de setembro de 2006, e condeno a demandada a pagar a cantidade de 2.986,68 euros, cos xuros legais percibidos desde a interpelación xudicial, con expresa condena en custas.

E desestimando a demanda interposta pola procuradora Mª Luisa González Mascareñas, en nome e representación de Mobilephone Galicia, S.L., contra Lombo, S.L., absolvo esta da pretensión deducida na súa contra, con imposición das custas causadas á parte demandante».

Ourense, 8 de maio de 2012

O/a secretario/a xudicial