Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1240/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de María Estrella Martínez Lista contra Elsa Leis Peluquería, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1240/2009 acordouse notificar á sociedade demandada, en ignorado paradoiro, o ditame da sentenza recaída o 8.6.2012.

Decido que, estimando a demanda interposta por María Estrella Martínez Lista contra a empresa Elsa Leis Peluquería, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de oitocentos trinta e nove euros e oitenta e oito céntimos (839,88 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Elsa Leis Peluquería, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

A secretaria xudicial