Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (273/2012).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 273/2012 por instancia de Ramón Carlos Louro Boquete contra a empresa Bisnosa, C.B. sobre despedimento, nos que recaeu sentenza, con data do 18.6.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Estímase a demanda formulada por Ramón Carlos Louro Boquete fronte a Bisnosa, C.B., e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Bisnosa, C.B., ao demandante Ramón Carlos Louro Boquete.

– Condénase a empresa Bisnosa, C.B., a que no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou ao aboamento da indemnización de 3.753,86 euros, máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 1.312,16 euros, aos que haberán de engadirse os que se perciban ata o seu notifican a razón de 9,44 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bisnosa, C.B. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

O secretario xudicial