Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1421/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que nos autos rexistrados co nº 1421/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

«Auto.

A Coruña, 18 de xuño de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 22 de marzo de 2012 ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser apreciado a comisión dun erro de feito na redacción da resolución de referencia, cómpre levar a cabo a emenda deste.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 22 de marzo de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no encabezamento desta se inclúa, a continuación da empresa Aplicados y Cantería do Norte, S.L., en calidade de demandada, a administración concursal da empresa Aplicados y Cantería do Norte, S.L., e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que sirva de notificación a Aplicados y Canteiras do Norte, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

A secretaria xudicial