Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (731/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 731/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Arcos Suárez contra a empresa A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza do 5.6.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Sandra Arcos Suárez fronte á mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 21.9.2011; así mesmo, declaro extinguida a relación laboral existente entre Sandra Arcos Suárez e a mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., e condeno a mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 149,81 euros, en concepto de indemnización, así como a aboar a cantidade de 12.669,47 euros, en concepto de salarios de tramitación (calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución), así como os que se perciban ata a súa notificación a razón de 57,07 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

A secretaria xudicial