Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T.S.,C.T.C. e R.B.T.S. Eiras de Santiso, no concello do Pino, a cal conta con autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do 16 de febreiro de 2012 (expediente IN407A 2011/117).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente nº 17, baixo, local 62, 15706, Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Eiras de Santiso.

Municipios afectados: concello do Pino.

Características técnicas da instalación:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 395 m, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95 Al), con orixe na cela de liña que se vai instalar no C.T.C. Santiso (expediente 2010/290), con entrada e saída no C.T.C. Eiras de Santiso proxectado e final no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio proxectado tipo H.V.H.-15/2500 da L.M.T. a C.T. Vilabuíl (expediente 206/2001).

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 150 m, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95 Al), con orixe na cela de liña que se vai instalar no C.T.C. Santiso (expediente 2010/290) e final no C.T. aéreo Santiso II.

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 125 m, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95 Al), con orixe na cela de liña que se vai instalar no C.T.C. Eiras de Santiso proxectado e final no C.T. particular Robleda existente.

Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión soterrada a 400 V, con dúas saídas do C.T.C. Eiras de Santiso proxectado, cunha lonxitude de 212 m, en condutor tipo X.Z.1-0,6/1 kV-4(1×240 Al) e unha lonxitude de 82 m, en condutor X.Z.1-0,6/1 kV-4 (1×50 Al).

Relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar:

Predio

Ref. catastral

Concello

Titular

Afecc. pleno dominio

Afecc. ocup. temporal por obra

1

15067A508011010001 WQ

O Pino

Valiño 339-340 S.L

26,55 m2

15,26 m2

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado e examinar o proxecto da instalación nesta xefatura territorial, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º e 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de 20 días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

De acordo co disposto no artigo 149 do citado Real decreto 1955/2000, a declaración de utilidade pública levará implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña