Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/148-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36600 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. cambio sección SDM 702-tramo 2 e C.T. Pontes.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z. de 1.462 metros de lonxitude, con orixe no C.T. Vilar Escolas e final no C.T. Codovedo unha vez entre e saia do C.T. proxectado Pontes. Centro de transformación de 250 kVA, situado nun terreo particular na rúa de Naia (parroquia de Lavadores), Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra