Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2012/142-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204. 36207 Vigo.

Denominación: modificado L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Carramal II.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z.1. de 646 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. existente MUR 801 (Vilaboa-Pontevedra 1) e final no C.T. proxectado Carramal II. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado no Carramal, Salcedo, Pontevedra. Rede de baixa tensión de 17 metros con orixe no C.T. proxectado.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1:

Municipio: Pontevedra; lugar: A Codeseira; cultivo: viña; referencia catastral 36900A055001080000QO; titular: herdeiros de Hermosinda Lage Perón (rpte. Rosa Vázquez Lage); enderezo: Cabanas nº 12, Salcedo, 36143 Pontevedra; afección: 13,74 m2 de solo para o centro de transformación.

Predio 2:

Municipio: Pontevedra; lugar: A Codeseira; cultivo: viña; referencia catastral 36900A055001090000QK; titular: Ángel Lage Juncal; dirección: rúa Illa de Toralla, nº 1, A Caeira, 36005 Poio; afección: 14,33 m2 de solo para o centro de transformación.