Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2012/73-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Sasemar-S. Salvamento y Seguridad Marítima.

CIF: Q2867021D.

Domicilio social: Fruela 3, 28011 Madrid.

Denominación: liña M.T. e C.T. heliporto Cee.

Situación: Ruibó, Lires, Cee, A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. con inicio en torre 133-3 da liña POT8132 (Pontella, Fisterra) e final en centro de transformación de abonado para alimentación do heliporto de salvamento marítimo. Tramo aéreo de 13 m, paso aéreo-soterrado seccionadores XS, LA-56, e tramo soterrado de 287 m, 95 mm2 Al, R.H.Z.1-20L 12/20 kV, e centro de transformación 100 kVA, 20/0,4 kV, prefabricado, refrixeración natural, aceite.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpora calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña