Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/050).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T.S. C.T. Loxo

Situación: concello de Touro.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,477 km, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe na cela de liña existente no C.T. Goleta (expediente IN407A 2007/419), retirándose para iso o condutor que sae cara o paso aéreo-soterrado existente (expediente IN407A 2007/419), nun primeiro tramo de 131 m sobre canalización existente (expediente IN407A 2007/419), e final no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 38 proxectado de tipo HV-15/4500 en substitución do apoio existente da L.M.T. Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247) onde está situado o C.T. Tribas (Loxo) (expediente IN407A 2005/534).

Desmontaxe da liña aérea recollida no proxecto de reforma L.M.T. a C.T.I. Vilanova e L.M.T. C.T. A Goleta-Loxo (expediente N407A 2007/419) entre o paso aéreo-soterrado existente cara ao citado C.T. Goleta e o apoio proxectado nº 38 citado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña