Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 25 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se notifica a resolución que declara a improcedencia do dereito ao cobramento da subvención concedida a VRT Horse Riding, S.L. correspondente ao expediente IN515B-2011-173.

O 22 de maio de 2012, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, por delegación do conselleiro, ditou a resolución pola que se declara a improcedencia do dereito ao cobramento da subvención concedida a VRT Horse Riding, S.L. ao abeiro da Orde do 10 de novembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, correspondente ao expediente IN515B-2011-173.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica no último enderezo coñecido para os efectos de notificación, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle a resolución antes referida a João Carlos Bento Domingues, en nome e representación de VRT Horse Riding, S.L.

O interesado pode recoller a correspondente notificación mediante comparecencia nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria (edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º-3ª planta), no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición, ante a Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses contados desde as mesmas datas antes sinaladas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

María Nava Castro Domínguez
Directora xeral de Comercio