1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizos para impartir ensinanzas especializadas para a obtención de titulacións menores profesionais náutico-pesqueiras.
c) División por lotes e número: non.
d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución: ata o 30 de decembro de 2012.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV: 8053000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 290.521,42 € (exento do IVE) ; valor estimado: 290.521,42 €.
5. Financiamento: fondos propios 20%, Fondo Social Europeo 80%.
6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Garantías exixidas: definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar (Edificio dos Espellos). Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 61 39 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/ resultado.jsp?N=17615
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012
P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar