Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2012/103).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: C.T.I. As Quintas.

Situación: O Pino.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV de 90 m de lonxitude en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3x(1x95 Al), con orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar no apoio existente nº 7 tipo C-2000-16 da L.M.T. Amarelle a Figueroa (expte. 2001/144) e final no C.T.I. As Quintas proxectado.

Centro de transformación intemperie de 50 kVA proxectado sobre apoio de formigón tipo HVH 13/1600, e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña