Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27422

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a ampliación do cemiterio de San Xulián do Carballal (equipamento relixioso R.05.1).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a ampliación do cemiterio de San Xulián do de Carballal (equipamento relixioso R.05.1), segundo o proxecto formulado polo arquitecto Alfredo Varela Nogueira, presentado con data do 16 de maio de 2012.

b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calqueira persoa que desexe examinalo co obxecto da presentación das alegacións que se xulguen pertinentes.

c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública, e solicitar das administracións públicas competentes os seguintes informes sectoriais previstos pola lexislación sectorial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (por aplicación do previsto no artigo 54 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, e por existiren elementos catalogados no ámbito da modificación, C-12 e E-27).

– Consellería de Sanidade (sobre cumprimento da normativa sanitaria vixente que poida condicionar a ampliación proxectada).

– Comisión Superior de Urbanismo de Galicia (por afectar a modificación terreos cualificados no plan vixente como zona libre pública artigo 94.4 da LOUG).

O presente acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde