Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27421

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre a xestión, montaxe e coordinación da Festa do Galo 2012.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: xestión, montaxe e coordinación da Festa do Galo 2012.

3. Tramitación do procedemento: procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación: 35.000 € (valor 32.407,41 €. IVE 2.592,59 €).

5. Garantías exixidas: definitiva 5% do orzamento de licitación, excluído o IVE.

6. Clasificación: non se exixe.

7. Presentación de ofertas: na casa do concello, no prazo de quince (15) días contados desde o último anuncio publicado (publicaranse anuncios no BOP, no DOG e no perfil de contratante).

8. Apertura de plicas: segundo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Datos da entidade adxudicadora: Concello do Pino. Enderezo: O Pedrouzo, Arca, 15821 O Pino. Teléfono: 981 51 10 02. Fax: 981 51 11 23. Perfil de contratante: concellodeopino.com

O Pino, 18 de xuño de 2012

Manuel Taboada Vigo
Alcalde