Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27424

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación de once vehículos destinados a esta deputación.

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense, na páxina web www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do arrendamento financeiro, na modalidade de renting, de once (11) vehículos destinados á frota de turismos da Deputación de Ourense, cun tipo de licitación de 276.403,20 € (IVE e demais impostos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 20 de agosto de 2012, logo de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84, ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Ourense, 20 de xuño de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense