Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación de montes desta provincia 1/2011.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 11 de xuño de 2012 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, baixo a presidencia do xefe territorial, e coa asistencia dos vogais Miguel Cela González, David Díaz Losada, José Antonio Rojo Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Expediente número: 1/2011.

Denominación: da Lagoa e Coto do Faro (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Nois.

Concello: Foz.

Superficie: 2 hectáreas, 24 áreas e 14 centiáreas.

Estremas:

Da Lagoa:

Parcela nº 1, polígono 40, parcela 946:

Norte: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro.

Sur: predio particular do Concello de Foz (polígono 35, parcela 9004) e pista forestal da Lagoa.

Leste: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro.

Oeste: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro.

Parcela nº 2, polígono 40, parcela 573:

Norte: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro e camiño.

Sur: predio particular do Concello de Foz (polígono 35, parcela 9004) e pista forestal da Lagoa.

Leste: predio particular de María Díaz Hermida (polígono 40, parcela 572).

Oeste: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro e camiño.

Parcela nº 3, polígono 40, parcelas 923, 924, 584:

Norte: predio particular de Patrocinio Pardo Arias (polígono 40, parcela 833).

Sur: predio particular de Jesús Regal Legaspi (polígono 40, parcela 583).

Leste: predios particulares de Dolores Regal López (polígono 40, parcela 912) e Jesús Regal Legaspi (polígono 40, parcela 583).

Oeste: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro.

Coto do Faro:

Parcela nº 1, polígono 39, parcela 194:

Norte: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro.

Sur: predios particulares de Patrocinio Pardo Arias (polígono 39, parcela 193). Antonio Candia Sierra (polígono 39, parcela 195) e Josefa Lorenzo Orol (polígono 39, parcela 163).

Leste: predios particulares de Josefa Lorenzo Orol (polígono 39, parcela 163) e Concello de Foz (polígono 39, parcela 9018).

Oeste: monte veciñal en man común da Lagoa e Coto do Faro e predio particular de Antonio Candia Sierra (polígono 39, parcela 195).

Contra esta resolución, desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 20 de xuño de 2012

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado de Montes Veciñais en Man Común de Lugo