Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica a resolución da reclamación previa á vía laboral do 26 de abril de 2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da reclamación previa á vía laboral do 26 de abril de 2012.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses desde a data da notificación e nos termos fixados nos artigos 10 e 69 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2012

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Interesado: Miguel Ángel Mallo Blanco.

Acto de notificación: resolución reclamación previa vía laboral

Último domicilio conocido: CM Chan de Curros, 16, 15705 Santiago de Compostela.