Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 892/2011 interposto por José María Morodo Lorenzo e Alberto Luis Bande Buján.

Esta consellería recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 892/2011, interposto por José María Morodo Lorenzo e Alberto Luis Bande Buján.

O recurso interponse contra as seguintes resolucións ditadas pola entón Consellería do Medio Rural:

a) Resolución do 19 de xullo de 2011 de cesamento dos recorrentes en postos que ocupaban de forma definitiva.

b) Resolución do 20 de xullo de 2011de adscrición provisional dos recorrentes aos citados postos.

c) Resolución do 20 de outubro de 2011 pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra as anteditas resolucións.

Este procedemento afecta os postos co código nº MRC992003015350002 e nº MRC992004015560002, ofertados na Orde do 22 de xullo de 2011 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica resolve, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Francisco Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar