Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte de vacún en Acevedo (Castro de Rei).

José Antonio Pérez López solicitou desta acaldía licenza municipal para ampliación de corte de vacún, situado no predio Candos, sito en Acevedo-Castro de Rei (Paradela). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Paradela, 14 de xuño de 2012

O alcalde