Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre fabricación de elementos de carpintaría metálica e madeira en Areas.

Panelship, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de fabricación de elementos de carpintaría metálica e madeira que vai situar no lugar da Lomba, s/n, da parroquia de Areas, neste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, pola que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Ponteareas, 12 de xuño de 2012

Salvador Gonzalez Solla
Alcalde