Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/12/12).

Productos y Sistemas Aplicados, S.A. (Prosistemas) solicitou da Alcaldía licenza municipal de obra e actividade para a ampliación dun establecemento dedicado a almacén de empresa constructora, sito no polígono industrial Prado-Budiño, parcela R-17, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/12/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Porriño, 5 de xuño de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde