Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de información pública sobre construción de fosa de xurro en Pasantes.

Segunda Carballo Rodríguez solicitou licenza municipal para construción de fosa de xurro en Pasantes. En cumprimento do anuncio disposto polo número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Triacastela, 25 de abril de 2012

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa