Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26910

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración de vestiario e calzado por lotes para o persoal dependente deste instituto.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: subministración por lotes do vestiario para o persoal do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, composto por diversos elementos de ropa, calzado e complementos para o traballo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: dous anos e un de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento:

Prezo total do contrato, dous anos, 54.000,00 euros, con IVE. O IVE son 8.237,28 euros.

5. Garantía provisional: non

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1, 36210 Vigo. Teléfono 986 23 74 58. Fax: 986 23 64 88.

Páxina web Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: ata 15 (quince) días seguintes desde o día da súa última publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exixida nas cláusulas 11 e 12 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: a Mesa de Contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros, punto 5.A da FEC.

Vigo, 13 de xuño de 2012

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo