Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre contratación do servizo de apoio a familias monoparentais (ref. 2185).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2185.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con múltiples criterios de adxudicación, do servizo de apoio a familias monoparentais do concello de Ourense.

c) CPV: 85320000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP do 1 de febreiro de 2012 e DOG do 2 de febreiro de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 13,00 euros/hora. IVE: 1,04 euros. Importe total: 14,04 euros/hora.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de maio de 2012

b) Data de formalización: 13 de xuño de 2012.

c) Contratista: Cruz Vermella Española.

d) Importe de adxudicación: importe neto 12,70 euros /hora (IVE non incluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa conxugando a oferta económica e a técnica, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación.

Ourense, 13 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde